Concerto aniversario da Orquestra de Cámara Lug
Sábado día 22 de febreiro, 19:30 horas – Salón de Actos do Cei-Nodus e a entrada será gratuíta e aberta a todo o público en xeral.
En primeiro lugar tocarán varias agrupacións infantís de violinistas, dende os 6 anos de idade, e a continuación tocara a Orquestra de Cámara Lug reforzada nalgúns dos temas polos nenos que estudan violín no Centro de Música Glissando.
Este concerto foi organizado para celebrar o segundo aniversario da Orquestra de Cámara Lug, formada no Centro de Música Glissando.
O programa a interpretar abrangue obras de moitos estilos diferentes, pasando por música moderna como blues, tangos… así como música clásica e tradicional
Tanto os grupos de violíns como a Oquestra de Cámara Lug serán dirixidas por Manuel Fernández Gayol, director do Centro de Música Glissando.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte