15.5 C
Lugo
Mié, 26 Jun 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto – Cantar á Nación

20 de diciembre, 2023 - 20:00

Concerto – Cantar á Nación

Conmemoración da 1ª interpretación do Himno Galego

O día 20 de decembro, de 1907, no Gran Teatro da Habana, interpretábase por primeira vez solemnemente e institucionalmente o himno nacional galego.

Por esa razón, VÍA GALEGA e GALIZA CULTURA organizan o mércores día 20 de decembro, na Praza Quiroga Ballesteros , ás 8 da tardiña, os seguintes actos coas intervencións:

De Marica Campo Domínguez: Mestra, escritora e poeta luguesa, que nos dirixirá a
palabra para falarnos da importancia desta conmemoración.

Da Coral Cántigas e Frores: Histórica Coral Luguesa, continuadora da Coral “Cántigas e
Aturuxos” (A 1a Coral que gravou o noso Himno no 1918). Coral de Cántigas que este ano celebra os seus 75 anos de vida.

Da Coral da Asociación do alumnado do IV Ciclo da USC. Campus de Lugo. Coral que o 20
de decembro de 2023, fai a súa primeira actuación pública diante da sociedade Luguesa.
Pecharase o acto coa interpretación do Himno Galego RESTAURADO (letra e musica) por
parte das dúas Corais.

Detalles

Fecha:
20 de diciembre, 2023
Hora:
20:00
Categoría del Evento: