Concerto «Creadoras de Música» no Vello Cárcere
Domingo 24 de novembro de 2024 ás 19 horas.
Organiza: CANTAR DELAS
Dirixidas por FERNANDO GÓMEZ JÁCOME
«Neste 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres reivindicamos as mulleres compositoras pois silenciar a aportación feminina aos distintos saberes é unha forma de violencia, é violencia simbólica.
Na historia universal faltan as páxinas das aportacións femininas á construción cultural e social.
Mulleres escritoras, filósofas, pintoras, científicas e compositoras foron esquecidas, ignoradas e silenciadas por unha sociedade construída en masculino que relegou as mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reprodutivo e o ámbito privado.
Confinadas no xineceo do silencio, as mulleres compositoras e intérpretes foron invisibilizadas e aínda hoxe, silenciadas.
A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa.
Cantar Delas organiza o proxecto Creadoras de Música co obxectivo de dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras postergadas durante séculos á escuridade da historia.
O concerto comeza coa compositora do S. XII, Hildegarda von Bigen e rematamos coas compositoras contemporáneas: Modesta Bor, Marisa Manchado, Beatriz Corona, Eva Ugalde e a compositora galega Sés.
Reivindícase o papel da muller nas Cantigas de amigo medievais, nas composicións anónimas dos Cancioneiros renacentistas, e na transmisión e creación da música tradicional.
Interprétanse pezas da cantautora Violeta Parra, e da primeira directora de música de España, a coruñesa Mili Porta.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte