2.2 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto da Real Filharmonía de Galicia e Amandine Beyer

14 de febrero - 20:00

Concerto da Real Filharmonía de Galicia e Amandine Beyer

Venres 14 de febreiro 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h

  • Marianne von Martínez: Sinfonía en Do maior 
  • Maddalena Lombardini: Concerto para violín nº 3 en La maior, Op. 3
  • F. X. Richter: Sinfonía con fuga en Sol menor, Op. 7

Amandine Beyer

Dende hai xa algúns anos Amandine Beyer é recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín.

Habitual das máis importantes salas e festivais do mundo enteiro (Théatre du Chatelet, Festival de Sablé, Innsbruck Festwochen, Konzerthaus de Viena…), a súa actividade musical divídese entre os diferentes grupos nos que participa: Les Cornets Noirs, os dúos con Pierre Hantaï, Kristian Bezuidenhout ou Laurence Beyer e o seu propio grupo Gli Incogniti. 

Marianne e Maddalena

Poucas persoas tiveron en Viena a exquisita educación de Marianne von Martinez. Alumna de Haydn e promotora de Mozart, a Sinfonía en do maior amosa a xenialidade dunha compositora cativadoramente clásica.

Excepcional e atípica foi tamén a traxectoria da veneciana Maddalena Lombardini: violinista, cantante e compositora. Alumna predilecta do violinista Tartini e eloxiada por Leopold Mozart, ela mesma interpretou por toda Europa a súa música, na que o Concerto para violín núm. 3 ocupa un lugar privilexiado.

Frantisek Xaver Richter, foi un dos integrantes máis importantes da Escola de Mannheim, xunto a Johann Stamitz, Johann Christian Cannabich, Ignaz Jacob Holzbauer e Johann Schobert. Incorporou á orquestra de Mannheim en 1747 e onde se desempeñou durante 22 anos como violinista, cantante e máis tarde tamén como compositor de obras de cámara da orquestra da corte do Elector Palatino local. Dende 1769 ata  a súa morte foi director musical na catedral de Estrasburgo.

ENTRADAS:

Venda de entradas para non socios: Oficinas do Círculo das Artes

Entradas para non socios: 20 €

Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)

Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com (A reserva non é obligatoria)

Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com

https://filarmonicadelugo.com/

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
14 de febrero
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 225 051
Ver la web del Local