Cris Regueiro: teclado,voz
Bruno Couceiro: batería
Ale Cambón:baixo
Cantante, teclista, compositora e mestra de música.
Tras anos de formación e experiencia en diversos grupos, a artista dá un paso adiante e inaugura a súa faceta creadora co seu primeiro proxecto como solista: unha aposta polo aroma da escena neosoul anglosaxoa, feita en Galicia e en galego.
Forza ,dinamismo e risco son a receita da súa música, que conxuga coidados arranxos con temáticas universais como o amor, a angustia ou a súa obsesión polo café.
Cun son moi coidado e un trío que soa a banda, Cris Regueiro presenta os seus temas en directos potentes e dinámicos que crean atmósferas envolventes e cambiantes.
A artista acompaña a súa voz co teclado e un looper co que constrúe edificios sonoros á vista e oído do público.
Os músicos recollen as súas influencias do jazz en fragmentos improvisados e unha conexión atenta e viva para tecer en cada concerto momentos únicos.
Cambón e Couceiro sosteñen os temas cunha base rítmica que destila neosoul, groove e funky, arroupada por efectos sonoros e que resulta tan rotunda como sutil e expresiva.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte