7.2 C
Lugo
Mié, 3 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Faia

2 de mayo - 20:30
Concerto de Faia

Venres 2 de maio na Capela de Santa María ás 20:30 horas

FAIA presentará ao vivo Alvela, o seu novo disco, cun directo acústico no que a veciñanza, poderá descubrir un traballo que transita pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer.

Neste concerto, FAIA estará acompañada pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec e a formación Suelen Estar Quartet.

O pasado 23 de abril Alvela publicábase nas plataformas dixitais (proximamente estará
dispoñible en formato vinilo), á vez que se presentaba nun ateigado Teatro Principal de
Compostela.

É un traballo producido por Hevi (Malandrómeda, Fluzo) e que conta coas colaboracións de Bleuenn Le Friec, Antía Ameixeiras, Antía Muíño, De Vacas ou Suelen Estar Quartet.

O concepto visual do álbum foi elaborado xunto con Melania Freire e as acuarelas e as animacións que acompañan as cancións son obra de Blanca Gracia. A poeta Antía Otero acompañou na conceptualización xeral e no seguimento do proceso do disco.

FAIA

FAIA Díaz Novo é cantante, creadora e historiadora da arte. Compaxina a súa carreira musical en solitario coa participación en grupos como De Vacas, o Coro Encaixe e o trío Nacho.Faia.Lar.

No 2018 publicou o seu primeiro disco en solitario, Ao cabo leirín, unha autoedición en vinilo centrada no cancioneiro tradicional e reinterpretado en clave feminista  e contemporánea.

Este mes de abril publica Alvela, o seu segundo traballo.

 

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

  • Fecha: 2 de mayo
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Capela de Santa María
  • Ronda da Muralla, 140
    Lugo, Lugo 27004
    + Google Map
  • Teléfono 982 21 00 66