Grupo de cancións oscuras, cheas dunha narrativa densa e cun marcado toque cinematográfico que confronta e reinterpreta os referentes estilísticos do pasado.
As súas composicións atravesan unha variedade de xéneros, fusionando as paisaxes góticas dos anos 80 cos delírios propios do spaghetti western, a psicodelia e o pop.
Ao longo desta travesía sonora, a profunda e sedutora voz barítono de Collin Hegna (baixista de The Brian Jonestown Massacre) actúa como un canto de serea, atraéndonos a través dun bosque de cordas, sintetizadores e atmosferas sombrías.
Dentro do do Festival de Jazz de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte