A Capela de Santa María de Lugo acolle o venres 15 de novembro o concerto do músico Pancho Álvarez (20.00 horas), un dos máis recoñecidos intérpretes de instrumentos de corda e precursores da recuperacións e dignificacion dos cantos de cegos coa publicación do disco “Florencio, o cego dos Vilares” en 1998.
O músico do Porriño estará acompañado polas violinistas Begoña Riobó, María Jorge, Carlos Quintá e Antía Ameixeiras.
O concerto, con entrada de balde, comezará coa proxección do documental “Florencio, o cego dos Vilares” (19:00 horas), producido polo músico.
Exposición Certame de Debuxo Celme de Zanfona
Coincidindo co concerto, inaugurarase no Centro de Artesanía e Deseño unha mostra con debuxos realizados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso, gañador do certame convocado pola Área de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, coincidindo coa celebración do certame, co obxectivo de achegar este instrumento ás novas xeracións.
Os traballos permanecerán en exposición pública, a carón da Colección de Instrumentos Musicais do CENTRAD, ata o día 3 de decembro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte