Capela de Santa María, en Lugo, o venres 29 de novembro ás 20.00 horas
Carmela é o proxecto musical da intérprete e investigadora da música de tradición oral Carme López.
A intérprete do Incio estrea o disco, cun repertorio baseado na recollida de música de tradición oral galega e peninsular a través de procesos de campo directos e en arquivos públicos e privados, acompañado por artistas convidadas: Begoña Riobó, Laura Lamontagne, a Escola de Baile de Cantigas e Flores e as Pandereteiras de Toutón.
A actuación inclúese dentro da programación que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa na Capela de Santa María, para impulsar o uso cultural e artístico deste espazo ligado ao Centro de Artesanía e Deseño.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte