O Museo Provincial de Lugo acolle este martes 29 de outubro -ás 19.00 horas– o concerto “A música nas revistas de vangarda” do intéprete de guitarra clásica Samuel Diz e do tenor
arxentino Jonatan Alvarado , cun repertorio inspirado na mostra “Ronsel.100 anos despois” sobre o centenario da revista lucense que acolleu e deu difusión aos discursos artísticos das vangardas en Galiza.
O concerto preséntase coma unha travesía transatlántica con composicións de Manuel de Falla, María Teresa Prieto ou Gustavo Durán publicadas, respectivamente, nas revistas Le Revue Musicale, Música ou Litoral.
Un crisol sonoro que convida a viaxar á Arxentina de Norah Borges, autora do gravado en madeira Juerga flamenca impreso no número 4 de Ronsel, e que lembra que o país americano acolleu a un importante número de persoas exiliadas tras a Guerra Civil, como Rafael Alberti, autor de Se equivocó la paloma, poema musicado por Carlos Guastavino, compositor e creador dunha estética coral arxentina da que é herdeiro directo o tenor Jonatan Alvarado.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte