15 de Novembro, 20:00
Biblioteca Pública de Lugo (Avda Ramón Ferreiro)
Entrada de balde
En CANTANDO A LAS POETAS DEL 27, a pianista, compositora e cantante Sheila Blanco converteu en cancións unha escolma de poemas das mellores autoras da Xeración do 27.
Acompañándose só por un piano, Sheila Blanco pon voz e ritmo aos versos das poetisas Carmen Conde, Ernestina de Champourcín, Concha Méndez, Elisabeth Mulder, Margarita Ferreras, Josefina Romo Arregui e Dolores Catarinéu, interpretando uhna música que afonda nas emocións que impregnan os seus poemarios e que abordan temas universais, personalizados nas vidas de cada poeta como son o amor, a dor, o exilio, a beleza, a pena, o remordemento…
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte