Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Xmaseda65

10 de febrero - 20:30
Concerto de Xmaseda65 o 10/02 – 20:30 – Casa do Saber – Entrada libre ata completar aforo.
Encontro con Xmaseda65 – 12:30 – Casa do Saber – Para o encontro necesario reservar en cultura.lugo@usc.gal
Xmaseda65
“Son Xosé Maseda, aínda que moitos me coñecen como xMaseda 65. Son de Viveiro, alí onde o mar empapa cada lembranza. Levo case seis anos movéndome pola escena urbana galega, facendo da palabra e do son o meu xeito de existir.
Estudiei Filoloxía galega porque creo no poder da lingua, nas historias que contan as palabras postas. Na miña musica busco iso: ser fiel ao que sinto, sen adornos, sen máscaras. So contar o que se vive cando un é novo e quere algo máis . Algo que dure, algo que deixe pegada”
xMaseda 65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo. Non pretende dar leccións, senón compartir o que sente. A súa voz conecta coa vulnerabilidade sen artificios para tender pontes co que escoita. O estilo é directo, cru e poético. Usa a lingua como ferramenta de expresión emocional, mesturando o cotiá co simbólico.
Dentro da programción do Lugo Cultural / Primavera Cultural.
Organiza @cultura_usc @universidade_usc
Colabora @culturaturismolugo @vicedepulugo

Detalles

  • Fecha: 10 de febrero
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map