Martes, 29 de maio de 2025 – Círculo das Artes de Lugo, 20:30 h – Entrada gratuita ata esgotar localidades
Danien Pinteño, dirección
Programa: Sacro Vivaldi
Antonio Vivaldi (1678 – 1741)
Naceu en Vitoria-Gasteiz (1971); fórmase na prestixiosa Schola Cantorum Basiliensis (SCB) de Basilea (Suíza) baixo a dirección dos seus mestres R. Levitt e R. Jacobs e cursa estudos medievais e obradoiros de ópera.
Como solista cantou baixo a batuta de mestres como Michel Corboz, Paul Goodwin, Mark Minkowsky, Rafael Frübeck de Burgos, Ottavio Dantone, Juanjo Mena, Gustav Leonhardt, Christoph Coin, Andrea Marcon o que o leva a cantar en festivais e salas de todo o mundo.
Os seus máis de 40 recitais gravados para Mirare, Sony Music, Harmonia Mundi, IBS, obtiveron numerosos premios como Diapasón D’Or do ano, CD Compact ao mellor disco do Renacemento, Clásica, 10 Repertoire, Choc de Le Monde de la Musique, Excepcional de Scherzo, ffff de Telerama.
No ámbito da ópera interpretou:
Traballa regularmente co compositor Alberto Iglesias en numerosos proxectos.
Foi artista residente do prestixioso Festival BOZAR de Bruxelas, do Centro Nacional de Difusión Musical e da Orquestra Cidade de Granada.
Considerado pola crítica como unha das figuras emerxentes con máis proxección dentro do panorama historicista español.
Daniel Pinteño nace en Málaga, comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Murcia da man de Emilio Fenoy, finalizándoos posteriormente con Juan Luis Gallego no Conservatorio Superior de Música de Aragón.
A súa paixón pola recuperación do patrimonio musical español do século XVIII valéronlle o recoñecemento da crítica internacional.
No ano 2019 recibe o apoio dunha Bolsa de estudos Leonardo para investigadores e creadores culturais que outorga a Fundación BBVA e coa que realizará un proxecto de recuperación e gravación do disco Antonio Literes (1673-1747): Sacred cantadas for alto dirixindo a Concerto 1700 xunto á voz do contratenor Carlos Mena.
Daniel Pinteño toca cun violín italiano anónimo de principios do século XVIII.
Fundado en 2015 polo violinista Daniel Pinteño, Concerto 1700 nace coa intención de interpretar obras que abarcan dende a etapa máis temperá do Barroco ata os primeiros escintileos do Romanticismo dunha maneira historicamente informada.
Actualmente é un dos grupos relevantes do panorama historicista español grazas ao seu virtuosismo e fantasía tímbrica que a crítica gabou en varias ocasións.
Gañadores do Premio Circuítos FestClásica 2017 na categoría Música Antiga actuaron con grande éxito de público e crítica nos festivais máis importantes do ámbito nacional como a Quincena Musical de San Sebastián, Festival Internacional de Santander, Outono Musical Soriano, Festival de Música Española de Cádiz, Festival de Música Antiga de Aranxuez, Festival Internacional de Música de Úbeda e Baeza, entre outros.
Tralo éxito dos seus dous primeiros discos lanzan en 2021 un álbum xunto ao contratenor Carlos Mena baixo o título Antonio Literes: Sacred Cantatas for alto con obras inéditas do compositor mallorquino Antonio Literes o cal obtivo o aplauso unánime da crítica, así como o nomeamento a mellor álbum de música barroca vocal nos premios ICMA 2022.
Dentro da programación do Festival de Música Cidade de Lugo – Web oficial
O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación (Área de Cultura) e a Sociedade Filharmónica de Lugo.
8 concertos a non perder no Festival de Música Cidade de Lugo 2025
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo