Congreso ‘A fusión entre sentidos e datos’
A sexta edición do Congreso da Asociación Española de Análise Sensorial (AEPAS) desenvolverase en O Vello Cárcere de Lugo entre o 4 e o 6 de xuño.
A inscrición neste congreso internacional pode formalizarse ata o 21 de maio con tarifas reducidas para estudantes. Ademais, convocouse un concurso de resumos científicos, do que sairán dous traballos premiados.
Baixo o lema ‘A fusión entre sentidos e datos’, neste foro conflúen ciencia, industria e tecnoloxía para afrontar grandes desafíos empresariais desde a perspectiva sensorial.
Durante tres días, exploraranse as posibilidades de aplicar a análise a través dos sentidos e a intelixencia artificial no desenvolvemento de produtos, a experiencia de uso e a toma de decisións baseada en datos.
«Temáticas
1.- Descripción y caracterización de productos
2.- Satisfacción del consumidor, salud y sostenibilidad
3.- Gastronomía, emociones y experiencia de uso
4.- Impacto del análisis de datos e inteligencia artificial»
A sexta edición do Congreso AEPAS contará coa participación de persoal investigador das universidades españolas, así como representantes do CSIC, xunto a eles, estarán presentes entidades tractoras do ecosistema de innovación como CLUSAGA e unha destacada representación do tecido industrial estatal e galego.
O Congreso reunirá empresas líderes como Innolact, Martín Códax, Viña Costeira, Estrella Galicia e Nova Pescanova, así como referentes a nivel estatal como CAPSA, Congelados de Navarra, Ametller Origen, Grupo Carinsa e Pascual, entre outras.
Ademais de conferencias maxistrais, mesas redondas e relatorios científicos, o programa incluirá sesións de cata, talleres prácticos e espazos de networking deseñados para propiciar a colaboración e o nacemento de novos proxectos.
Tamén se desenvolverán actividades sociais, gastronómicas e unha visita guiada pola cidade de Lugo, que permitirán ás persoas participantes gozar da contorna mentres fortalecen a comunidade profesional da análise sensorial.
O evento está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, representada polas profesoras Mª Ángeles Romero e Mª Lourdes Vázquez, tamén cofundadoras e impulsoras de TasteLab, empresa de base tecnolóxica da USC, especializada en análise sensorial, que tamén organiza o evento con Maruxa Quiroga como presidenta do comité organizador.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo