Contacontos miúdos – «O misterio do tulipán»
SÁBADO 30 de novembro – O Vello Cárcere
Horario: 1ª quenda de mañá (11:00 – 12:30h.)
2ª quenda de mañá (12:30 – 14:00h.)
Aforo: 15 persoas por cada quenda.
*Recoméndase inscrición previa
Público: nados/as entre 2016 e 2021 inclusive.
Con este conto de Yolanda Álvarez Castro imos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebrará o 3 de decembro.
Coñeceremos a historia de Margarida, unha formiga moi especial, dado que lle falta unha das súas patiñas. Un día farta de recibir burlas das súas compañeiras, decide marchar. Que será dela a partir de agora?
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte