Contos para orellas abertas
7 de febrero - 12:00
Contos para orellas abertas
A cargo de Pavís Pavós
07 de Febreiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo. Salón de actos (ata completar capacidade). Entrada de balde.
Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)
Duración: 45 minutos.
Sesión de contos marabillosos para viaxar por un mundo máxico.
Cando abres ben as orellas podes escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns…
Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?




























