Curtas por unha Palestina libre
Xoves 19 de decembro de 2024, de 20:00 a 22:00 no Vello Cárcere.
Proxección de catro curtas dirixidas por mulleres palestinas como parte do proxecto Another Gaze, un arquivo feminista de películas creado co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres e persoas queer como directoras, protagonistas e espectadoras no mundo audiovisual.
As curtas a proxectar serán:
– Electrical Gaza, de Rosalind Nashashibi (2015)
– Road To Palestine, de Layaly Badr (1985)
– The Silent Protest: Jerusalem 1929, de Mahasen Nasser-Eldin (2019)
– Your Father Was Born A 100 Years Old And So Was The Nakba, de Razan Alsala (2017)
Unha vez rematadas: coloquio aberto ao respecto dos temas discutidos nas propias curtas.