Danza contemporánea «Mensaxe perdida»
Este sábado, 23 de novembro, o Escenario Hipócrita acollerá dous espectáculos unipersoais.
O primeiro deles é unha peza de teatro físico titulada La extranjera con dramaturxia, dirección e interpretación de Stephanie Cubides, que narra o eterno conflito entre a permanencia e a partida.
A continuación, Lucía Álvarez poñerá en escena o seu espectáculo Mensaxe perdida, unha peza curta de danza contemporánea baseada nos sons das campás do Camiño Primitivo.
A función terá lugar ás 20h a “taquilla” inversa.
Asociación Cultural Hipócrita Teatro
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte