Mércores 6 de novembro ás 20 h, no Auditorio de O VELLO CÁRCERE
Nel se percorren os acontecementos ao redor da violación dunha moza que tivo lugar o 6 de xullo de 2016 en Pamplona, durante as festas de San Fermín, por parte de cinco homes que se autodenominaban La Manada.
A longametraxe, producida neste mesmo ano de 2024 e dirixida por Almudena Carracedo e Robert Bahar, expón o papel do sistema xudicial, dos medios de comunicación e da sociedade fronte á violencia sexual, ata chegar ao chamado MeToo español: momento no que máis dun millón de mulleres e mozas toman as rúas ao berro de «Irmá, eu si che creo».
Este documental acaba de ser galardoado co Premio Ondas 2024 ao mellor documental.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte