2.2 C
Lugo
Sáb, 15 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Encontro fotográfico con Tono Arias

22 de marzo - 11:00 - 14:00

Encontro fotográfico con Tono Arias

Encontro ‘Manchar Papel. Fotolibros: outra maneira de contar historias’

Tono Arias é o relator deste encontro que terá lugar na Casa do Saber o 22 de marzo en horario de 11.00 a 14.00 horas e no que te podes inscribirte ata unha semana antes do comezo do encontro ou ata completar as prazas.

Nesta ligazón tes toda a información sobre como realizar a matrícula.

Tono Arias é fotógrafo de prensa e documental desde o ano 84, traballou en diversos medios de comunicación: Faro de Vigo, El Correo Galego, axencia EFE, El Pais, El Mundo así como tamén nas revistas Interviu e Tiempo.

A partir do ano 2006 inicia unha nova etapa como fotógrafo independente, poñendo en marcha un estudio de fotografía na Estrada onde realiza os diversos traballos profesionais no ámbito da fotografía industrial, publicidade, moda, arquitectura, editorial e documental.

No ano 2012 inicia o proxecto DISPARA un espazo web http://www.dispara.org, e físico, sito en A Estrada que é unha galería de artes visuais, librería especializada en fotolibros e editorial. Este espazo está destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía.

Como fotógrafo comercial ten publicado unha morea de libros, sobre a paisaxe, tradicións, arquitectura e patrimonio.

Sobre o encontro

Pensamos que o fotolibro é un formato útil e interesante para que a obra dos autores poida chegar a máis público e permaneza de maneira estable por moito tempo en circulación, ademais das posibilidades creativas que pode proporcionar este soporte.

Nesta Charla presentaremos os proxectos editados por Dispara e veremos tamén algúns dos libros icónicos e peculiares máis influentes desta década.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
22 de marzo
Hora:
11:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map