Encontro Universitario de Danza
No auditorio Fuxan os Ventos de Lugo os días 9 e 10 de maio.
A entrada é libre e de balde para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo.
A Aula de Danza da Universidade de Coruña, baixo a mediación de Javier Martín, abrirá o programa de representacións o venres 9 de maio, a partir das 20.30 horas, coa creación colectiva hyphē.
A seguir, será a quenda de REDes, título da coreografía da Compañía de Danza da USC dirixida por Juan Carlos Zahera, que reúne de novo as tres Compañías de Danza da USC (as de Compostela, Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción que completará o programa da xornada coa coreografía de Rosa Acuña.
O sábado día 10 presentarase ante o público lucense a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa obra titulada Máis tarde, cá cedo con coreografía de Ainoa Lizana. De seguido e rematando o Encontro de Danza da USC, coma a xornada anterior, actuará de novo a Compañía de Danza da USC coa coreografía REDes.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte