Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Venres 7 de febreiro de 2025
De 10:30 a 12:00 h.
SALON DE ACTOS UNED LUGO ( asistencia presencial ou asistencia online en directo ou en diferido)
Dirixida a: estudantes de Educación Secundaria Obligatoria e Público xeral interesado
Con motivo do Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, a UNED de Lugo organiza unha entrevista titulada Rompendo Barreiras: A viaxe científica de Cintia Folgueira.
Nesta actividade, Cintia Folgueira Cobos compartirá a súa experiencia no ámbito científico, abordando os desafíos e logros que atopou na súa traxectoria.
Ademais, falará dos seus importantes descubrimentos sobre a influencia do cerebro na obesidade e na diabetes, achegando unha valiosa perspectiva sobre como o coñecemento científico pode contribuír a abordar problemas de saúde global.
O evento, que contará coa asistencia do alumnado de 4º da ESO do IES Virxe dos Ollos Grandes, celebrarase o 7 de febreiro de 2025, ás 10:30 h, no Salón de Actos da UNED de Lugo, con modalidade tanto presencial como en liña e acceso gratuíto.
Esta iniciativa non só busca inspirar ás novas xeracións de mulleres na ciencia, senón tamén poñer en valor a importancia do papel da muller na investigación e na innovación, subliñando a súa contribución esencial ao desenvolvemento científico e social.
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte