9.4 C
Lugo
Jue, 18 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Escape room ‘En busca da campá máxica’

27 de diciembre - 30 de diciembre

Escape room ‘En busca da campá máxica’

Terá lugar os días 27,28, 29 e 30, en horarios de 10.30 a 13.30 pola mañá, e entre as 16.30 e as 20.30 horas, pola tarde. Así, en cada unha das xornadas reservadas para esta actividade haberá sete sesións dunha hora, cun máximo de 6 participantes por cada un dos grupos.

A escape room desenvolverase nas distintas salas e dependencias que ocupan toda unha planta da Casa da Xuventude.

Haberá distintas fases nas que os participantes deberán ir resolvendo enigmas empregando o sistema arduino, superar probas con sensores táctiles e metálicos, busca de obxectos ocultos, desafíos manuais, descifrado de códigos e claves, combinacións numéricas, resolución de xeroglíficos, e  encriptados de palabras, entre outras.

Ademais, a escape room contará con elementos novos como unha barca con trampilla, un faro, máquina de fume e a participación do Grinch, un personaxe que se incorpora nesta edición á iniciativa organizada desde Xuventude.

As inscricións, totalmente de balde e abertas ata completar as prazas, pódense realizar ata a xornada previa ao inicio da primeira escape room a través da web www.formulario.xuventudelugo.gal.

Detalles

  • Comienza: 27 de diciembre
  • Finaliza: 30 de diciembre
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa da Xuventude
  • Rúa Xesús Bal y Gay, 26
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map