De: Os Náufragos Teatro
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir de 4 anos
Sinopse:
Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade).
A Candela encántalle o mar e soña con ser patrona dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patrona non é unha tarefa doada… e construir un barco tampouco.
A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música.
Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH.
Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derribar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Surcando os mares das aspiracións de Candela, a obra mostra a súa ilusión e o seu tesón por alcanzar os seus soños, pese ás dificultades que, como grandes ondas, impónlle unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte