Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Espectáculo musical familiar «Bosque»

8 de febrero - 18:30
Espectáculo musical familiar «Bosque»

De Mamá Cabra e Aurora Artes Escénicas.

Domingo, 8 de febreiro de 2026 18:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 4 anos

Sinopse:

Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto.

Unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día.

Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar eses pequenos lugares naturais que cada persoa ten ao seu lado.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05