La Menuda Produccions
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir de 6 meses
Sinopse:
Madame Lumière é un espectáculo musical para a primeira infancia.
Ao solpor, os últimos raios de luz do día, entran no teatro. Entre a escuridade e as cores vermellas, laranxas e azuis, irán aparecendo, personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite.
As estrelas nos chiscará un ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse. Mentres tanto, os máis pequenos da casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo.
Nese preciso momento, é cando chega Madame Lumière que se encargará de dar vida aos soños de Layla (unha nena de 10 anos) ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de crianzas, soños en carpas de circo… e incluso algún pesadelo.
A noite, rodeada dun espazo sonoro e dunha delicada banda sonora interpretada cunha exquisita excelencia, chegará ao mencer. Á hora de espertar e desfrutar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite.
Madame Lumière é unha homenaxe á música, á luz, e á maxia dos soños.
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Auditorio Municipal Gustavo Freire – Programación primeiro semestre 2025
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte