O vindeiro domingo, día 10 de novembro do 2024, na Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8- Lugo), en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. (inauguración ás 12:00h)
A Exposición de Cogomelos, que é xa un clásico do outono en Lugo, complementarase cunha exposición fotográfica sobre micoloxía e con outra exposición de paneis informativos sobre os distintos hábitats micolóxicos de Lugo.
Os asistentes poderán ademáis contemplar unha presentación audiovisual informativa sobre micoloxía.
Á entrada facilitaráselles un díptico informativo sobre a propia Exposición e diversos consellos para unha correcta e sostible recolla de cogomelos.
Membros da Sociedade Micolóxica Lucus atenderán durante toda a xornada as preguntas e dúbidas da cidadanía, co obxectivo de impartir unha axeitada formación micolóxica e á vez previr intoxicacións por cogomelos.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte