Faísca cultural «Evolución dos coidados nas épocas romanas»
No ano 2022, a USC puxo en marcha as Faíscas Culturais, pequenas intervencións pedagóxicas coas que se pretende conectar a acción cultural da Universidade de Santiago de Compostela cos contidos que o estudantado adquire nas aulas.
O obxectivo desta iniciativa consiste en fomentar a reflexión crítica tomando a cultura como punto de ancoraxe.
Agora, o 25 aniversario do descubrimento da Domus do Mitreo na cidade de Lugo serve de motivo para unha nova vaga de Faíscas coas que introducir nas aulas a posta en valor do patrimonio lucense.
O 11 de marzo, a Escola Universitaria de Enfermaría sumarase ás Faíscas poñendo o foco na evolución dos coidados nas épocas romanas, de 10:00 a 14:00 horas.
A entrada está aberta a toda a comunidade universitaria e quen participe na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao, director da escavación, á Domus do Mitreo.
Mentres que o 2 de abril, Formación do Profesorado desenvolverá unha nova intervención que levará por título ‘A escola na Domus’.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte