Obradoiros
Obradoiro ‘Facendo números’, que se desenvolverá o 23 de outubro ás 10.30 horas, o estudantado das Facultades de Administración e Dirección de Empresas e de Humanidades, coordinado por Jacobo Feás, poderá coñecer de primeira man con Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego, este proceso desde un punto de vista máis económico.
Obradoiro, ‘Crear ilimitadamente con limites’, que terá lugar o 23 de outubro ás 17.30 horas, o director do Centro Dramático Galego achegará estes problemas e o estudantado da materia ‘Proxectos artísticos’ da Facultade de Formación do Profesorado, coordinado por Vicente Blanco, intentará levar a cabo un proxecto artístico tendo en conta o aprendido.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
O estudantado que participe nestes obradorios acudirá o día 24 de outubro a ver o espectáculo do Centro Dramático Galego ‘Terceiro acto’.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte