Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Faladoiro «Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news»

26 de marzo - 19:00

Os ‘Encontros de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro «Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news»

“Vivimos un momento en que acceder á información parece moi fácil: as pantallas dos
dispositivos que nos rodean cadora funcionan como xanelas abertas ao mundo”, explican
dende a organización do evento. Porén, esa mesma facilidade convértese nun risco
cando esas pantallas se enchen de loiadas (fake news) ou de información de parte.

“Vivimos en constante perigo de manipulación dixital. Un risco que, ademais, afecta de
forma máis intensa á mocidade”, engaden.

Son moitas as preguntas que nos xorden diante dun fenómeno tan grave: como se
constrúe este discurso sustentado en informacións falsas? É “información” xerada de
xeito casual ou tras dela agáchanse outros intereses? Que relación hai entre a
manipulación dos medios de comunicación e a falta de confianza nas institución e na
clase política que detectan as enquisas? Temos realmente unha sociedade ben
informada, con capacidade para construír unha opinión fundamentada? Raquel Lema,
redactora da CRTVG e presidenta do seu Comité Intercentros, e Orestes Currás,
correspondente de RTVE en Lugo e representante territorial do Colexio Profesional de
Xornalistas de Galicia nesta provincia tentarán dar resposta a estas e outras cuestións.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio LUGO CULTURAL asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 26 de marzo
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local