Familiar «Mr Bo»

Familiar «Mr Bo»
De Marie de Jongh
Domingo, 3 de maio de 2026 18:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos
Sinopse:
O neno que nunca escoitou un NON!.
Os tres servintes están acostumados a cumprir as ordes de Mr Bo. Levan toda unha vida ao seu servizo, desde que Bo era un neno. Ás veces imaxinan o que podería ser o mundo se eles foran os amos, o que significa exercer o poder.
Cando o señor Bo era neno os servintes tiveron a oportunidade de dicir Non!, pero non o fixeron. Agora xorde unha nova oportunidade, unha oportunidade para todos.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

























