Xornada divulgativa sobre a eclipse solar
O luns 4 de maio ás 18:30 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, e estará impartida pola doutora en Astrofísica Lucía González Cuesta, acompañada do
membro da Asociación Astronómica Asturiana OMEGA, Alfonso Coya Lozano.
Conferencia divulgativa gratuíta sobre a eclipse solar, o fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto e que tras máis de cen anos poderá verse desde a península ibérica. Concretamente, a provincia de Lugo será un dos lugares máis privilexiados do mundo para observala, pois poderá contemplarse en practicamente a totalidade dos concellos.
Esta iniciativa forma parte dunha programación máis ampla que se presentará o próximo luns, previamente ao relatorio, e está dirixida, por unha banda, a profesionais e entidades do sector e empresas do ámbito turístico, e, por outra, a todas as persoas interesadas neste acontecemento (maiores de 12 anos).
O obxectivo é achegar ao público asistente coñecementos, información e ferramentas que lles permitan gozar deste fenómeno de forma segura, abordando os aspectos básicos sobre os eclipses, os mellores lugares para a súa observación e os materiais homologados e normas de seguridade visual que se deben empregar. Nesta xornada, tamén se analizará o impacto cultural e histórico destes fenómenos, así como a traxectoria, fases e horarios do eclipse solar total que terá lugar o 12 de agosto.

























