Familiar «Ramona Órbita, a dona do tempo»
Familiar «Ramona Órbita, a dona do tempo»
Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar). Duración: 50 minutos
Pakolas conta e canta a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico.
Unha muller que racha cos estereotipos.
Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público.




























