Feira Galega de Artesáns

Feira Galega de Artesáns
A Rúa da Raíña de Lugo será o escenario os vindeiros días 12 e 13 de setembro da Feira Galega de Artesáns, unha iniciativa que achegará ao centro da cidade diferentes propostas de artesanía tradicional e contemporánea e que permitirá á cidadanía coñecer de primeira man o traballo dos profesionais participantes.
A feira contará coa participación de 16 profesionais da artesanía, con propostas pertencentes a sectores como a cerámica, a marroquinaría, a xoguetería, a bisutería, os complementos de moda, a carpintaría, a elaboración de bonecos e a xoiaría amosando a diversidade de oficios e técnicas presentes na artesanía galega.

