A iniciativa L de Lugo volve ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 27 e 28 de outubro para poñer en valor o esforzo de anos de traballo de todas as pequenas empresas de distribución vencelladas ao ámbito hostaleiro e alimentario.
O obxectivo principal de L de Lugo pasa por ser o escaparate da nosa riqueza culinaria e converterse no evento gastronómico máis importante do noroeste peninsular, reivindicando tamén o potencial turístico que as nosas comarcas poden ofrecer.
Así, para crear un evento gastronómico único, cóntase cos produtores máis destacados, denominacións de orixe, identidades xeográficas protexidas e as principais marcas do sector.
No evento participarán máis de 100 bodegas do máis selecto das denominacións de orixe tanto galegas como nacionais, permitindo expoñer máis dun millar de viños.
Nesta cuarta edición da feira, contaremos cun par de concursos para profesionais: tiraxe de cervexa e de elaboración de bocata ou fast food con produtos autóctonos entro outras iniciativas.
A todo isto, sumaremos tódalas actividades que mantivemos nestas dúas edicións anteriores: showkookings, catas, maridaxes, túnel de viños, maquinaria profesional de hostalaría, menaxe, baristas, cervexa, adegas, conxelados, alimentación, charlas formativas,.. Estamos ansiosos de compartir estas experiencias con todos vos.
As entradas xa están á venda na web https://ldelugo.es.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte