Festival de Jazz de Lugo 2026, Concerto de Paquito D’Rivera Trio
Festival de Jazz de Lugo 2026, Concerto de Paquito D’Rivera Trio
Supera os 70 anos de actividade profesional este compositor e arranxista –grande amante do jazz e da música clásica– que se converteu nunha celebridade da música afrocubana e dos estándares de jazz latino moderno.
Achamos en Paquito D’Rivera un mestre do clarinete así como dos saxofóns alto e soprano, un dos mellores no mundo.
O músico cubano foi quen a levar, nada menos, dezaoito premios Grammy na súa cumprida andaina musical.
Foi membro fundador e codirector, xunto co seu amigo íntimo Chucho Valdés, do anovador conxunto musical Irakere, un grupo que se distinguiu pola mixtión explosiva de jazz, rock, música clásica e música tradicional cubana.
Gañador de premios en numerosas ocasións pola súas achegas ao jazz latino e á música clásica, mesmo do famoso Especial Latin Recording Academy.

