Festival de Jazz de Lugo – Yumi Ito
Mércores 12 de Novembro
20:30 H – Círculo das Artes
A cantante, pianista e compositora Yumi Ito enche regularmente salas de concertos e festivais internacionais.
Móvese con soltura por diversos xéneros e nos seus diferentes roles, ademais de se contar entre as representantes máis destacadas da improvisación vocal; o repertorio de Ito é igualmente variado, un inmenso océano de pop art, jazz e música neoclásica.
Gañadora do Concurso de Jazz de Montreux
ENTRADAS: Venda de entradas na caseta do festival ou en
Notikumi
Caseta do Festival: aberta dende o 31 de outubro en horario de 12:30 a 14:00 e de 19:00 a 20:30. Está na praza Maior, fronte ao Círculo das Artes.