Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
O domingo día 22 de decembro no Club Clavicémbalo de Lugo, a partir das 17:00 ata o peche, celebrarase o «Festival solidario por un Sáhara libre».
Trátase dun evento onde a música e a solidariedade se unen por unha causa urxente: apoiar ao pobo saharaui.
O prezo da entrada é de 12€ e toda a recadación irá destinada á Media Lúa Vermella Saharui, organización que traballa no apoio aos campos de refuxiados e refuxiadas de Tinduf, en Alxeria.
Abrirá o evento a activista saharaui Suadu Mohamed Fadel, cunha exposición sobre a situación actual do seu pobo.
O Festival contará coa actuación de sete grupos musicais: Beach Avenue, Os Eméritos, Filophóbicas, Mazzing, Mutualistas, Skintight e Verter Gz.
«Festival solidario por un Sáhara libre» está organizado pola Comunidade Saharaui en Galiza, Asociación Contracorrente, Esquerda Unida Lugo e o Partido Comunista de Galicia.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte