I Xornadas de Rol e Xogos de Mesa
16/11 – O Vello Cárcere – de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 18:30
«O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou xunto con integrantes da asociación A Mesa de Breogán, as primeiras xornadas de xogos de rol e xogos de mesa que se celebrará no Vello Cárcere o vindeiro 16 de novembro.
O evento busca achegar á veciñanza o lecer alternativo deste tipo de xogos, facendo distintas exhibicións nas instalacións do Cárcere.
Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, afirmou que «o Vello Cárcere é un espazo polivalente que permite acoller tanto sesións de grandes partidas de xogos de rol como xogos de mesa de pequeno formato», ademais, Arroxo anunciou que estas xornadas contarán coa gravación en directo do podcast “A Caixa Negra Da Nostromo” cuxa temática versará en torno á figura das cárceres no cine.
Dentro do evento, e para ampliar as posibilidades de lecer e coñecemento das persoas visitantes, disporanse toda unha serie de presentacións, ademais das citadas mostras de xogos, que teñan relación coa temática abordada: presentacións de filmes galegos, podcasts, demostración de esgrima histórica da man da Asociación Lucense de Esgrima Antiga (ALEA).»
O programa completo pode consultarse a través das redes sociais da Asociación A Mesa de Breogán.