II Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense: as orixes da Ribeira Sacra
18 de noviembre - 18:00

II Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense: as orixes da Ribeira Sacra
Mércores 18 de novembro de 2026 – O Vello Cárcere de Lugo
O director do proxecto arqueolóxico do Preguntoiro (Pantón), Xurxo Ayán, informará sobre os resultados dos traballos acometidos neste conxunto; e a arqueóloga do Incipit-CSIC Sonia García afondará na investigación e os retos de conservación da cova do Cotillón, tamén en Pantón.
De 18:00 a 21:00 horas
Acceso libre e gratuíto
Xornadas Pedagóxicas de Arqueoloxía Lucense 2026
12, 18 e 25 de novembro – Auditorio do Vello Cárcere · Lugo De 18:00 a 21:00 h – Entrada de balde ata completar a capacidade.

