Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(20:15 h) Presentación do libro ‘Fran Pérez, NARF. Canto sentido’

18 de noviembre - 20:00
O 18 de novembro, Quico Cadaval e Pepe Sendón presentarán o libro «Fran Pérez, NARF. Canto Sentido».
Será ás 20.15 h na Casa do Saber do campus de Lugo. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.
 
Fran Pérez, Narf. Canto sentido
 
Fran Pérez, Narf, foi un creador incontornable.
Músico, compositor, intérprete, actor, escritor e viaxeiro, desenvolveu ao longo da súa traxectoria unha obra persoal e inconfundible, construída a partir da curiosidade, da experimentación e, sobre todo, dos encontros.
A súa música medrou entre Galicia e o mundo, entre as táboas teatrais e salas de concertos, aberta a linguas e tradicións; nun diálogo constante que acabou por converter a colaboración nunha das marcas fundamentais da súa obra.
A música foi o centro da traxectoria de Narf, pero arredor dela medraron outras dimensións creativas, como o teatro, a escrita, as viaxes e os encontros con artistas de procedencias diversas. Canto sentido pon o foco nesa dimensión colectiva da súa obra: nas amizades, colaboracións, proxectos e experiencias compartidas que deron forma á súa obra.
 
O libro reúne textos e materiais de persoas que o coñeceron e que compartiron con el diferentes momentos da súa vida: Xelís de Toro, Marga Tojo, Carlos Santiago, Quico Cadaval, Alfonso Espiño, Antonio Pérez, Pepe Sendón, Ramón Bermejo, Marcos Teira, Javier Abraldes, Fran Pérez, Prue Waller, Curtis Lugay, Jim Sanders, Uxía, Cremildo Bahule, Catarina Estrela, Montse Dopico, Cheny Wa Gune, Sónia Sultuane, María Pérez, Zé Rui Martins e Antonio Vázquez. Algunhas destas persoas volven encontrarse en diversos actos de presentación do libro para falar, contar e cantar os seus tempos con Narf.
 
Dentro do ciclo Lubicán íntimo incluído dentro da programación do Outono Cultural e dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 18 de noviembre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map