Xoves 12 de decembro ás 19:30 horas na Galería NÉBOA (Rúa Lamas de Prado 31, Lugo)
Primeira exposición individual de Marina González Guerreiro (A Guarda, 1992) en Galicia.
Nesta mostra, comisariada por Laura Tabarés, a artista explora as interaccións entre a auga, o tempo e a memoria, empregando elementos como a cerámica, os azulexos e obxectos escultóricos para configurar un ecosistema poético e minucioso.
Canción de río é unha cita imprescindible para achegarse ao universo creativo dunha das voces emerxentes máis destacadas da arte contemporánea galega.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte