A partir do venres 21 de marzo ás 18h00, na residencia de maiores Bouco (antiga Orpea, C/ Otero Besteiro s/n Esquina Camino de Pipin, 27003 Lugo) todo Lugo poderá reencontrarse coa obra da pintora riosellana Elena Pendás nunha exposición comisariada polo escritor e crítico de arte Manuel Álvarez Prieto.
A inauguración será no salón de actos, e todo o mundo é convidado a achegarse.
Elena Pendás é unha profesora da Escola de Arte Ramón Falcón, cunha longa traxectoria no Pop Art, que tivo o seu gran momento nos primeiros anos do século XXI.
Manuel Álvarez Prieto é un escritor, crítico de arte, estudoso da historia e a socioloxía da arte, e xurado Internacional da Primeira Trienal Latina de 1992.
Reunidos no 2006, Elena e Manuel proxectaron e logo realizaron unha xira expositiva en toda a Cornisa Cantábrica, de Galicia a Euskadi, que foi seguida por todos os medios de maneira notable, coincidindo no valor do Pop Expresionista xunto ao modernismo da “jugendstil” que identificou toda a obra de Elena.
E o máis excepcional foi a exposición no Gran Hotel María Cristina de San Sebastián, con toda a prensa e televisión enxalzando a mostra.
Era a novidade dunha muller que se atrevía a referenciarse cos grandes popes Roy Lichtenstein e Tom Wesselmann, marcando diferencias con eles ao amosar á muller do século XXI en plena independencia e en oposición á dos anos 50-60 que eles presentaban, máis obxectual e dócil. Atrevemento e provocación marcando territorio.
E é esa etapa creativa de Elena a que agora retorna a Lugo buscando un encontro con todas as regras clásicas do Pop de sempre, e o das cores vivas e intensas, planos, de liñas marcadas, de provocación, con humor e fácil comunicación. “O romance entre o Pop e a Belle Époque” é un racconto plástico entre divertido e vital.
Manuel considera que Elena debe retornar á creación activa, e é tamén a opinión de recoñecidos ex-alumnos seus. Pensan que a súa capacidade e experiencia pode dar outra xiro ao Pop Art do XXI.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo