Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da exposición fotográfica “O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos”

6 de noviembre - 18:00

A Capela de Santa María acollerá o este venres 6 de novembro, ás 18 horas, a inauguración da exposición fotográfica “O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos”, da artista e deseñadora Laura Alonso.

Trátase dun proxecto fotográfico que busca documentar a esencia do oficio tradicional de ferreiro, cunha mirada íntima e artística sobre o
espazo de traballo, as ferramentas e o día a día dun artesán, uníndolle, ademais, un punto de vista persoal, pois o retratado é o pai da artista.

As fotografías combínanse con textos extraídos das conversacións entre pai e filla, estruturando a exposición en catro tempos, relacionados con catro elementos naturais de vinculados ao oficio que funcionan tamén como os catro movementos dunha sinfonía.

A exposición permanecerá aberta na Capela de Santa María ata o 20 de decembro.

Detalles

  • Fecha: 6 de noviembre
  • Hora:
    18:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Capela de Santa María
  • Ronda da Muralla, 140
    Lugo, Lugo 27004
    + Google Map
  • Teléfono 982 21 00 66