4.4 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición «Subir ao ceo» de Alejandro Rego

15 de febrero - 12:30

Inauguración da exposición «Subir ao ceo» de Alejandro Rego

Sábado 15 de febreiro ás 12:30h

Galería NÉBOA, Rúa Lamas de Prado 31, Lugo

Duración da exposición: 15 de febreiro – 29 de marzo

A mostra, que poderá visitarse ata o 29 de marzo, explora a fronteira entre a pintura e a fotografía a través dun enfoque visual innovador e reflexivo, facendo do ceo un espazo de experimentación artística.

Un lenzo «en branco», pero de cor azul. A posibilidade de facer unha pintura abstracta coa cámara de fotos. Unha pintura que se modifica continuamente, que sempre é diferente, sempre nova. E, sen embargo, sempre a mesma.

O ceo é un lugar de experimentación. Un lugar onde buscar a fronteira entre a pintura e a fotografía, entre a abstracción e a representación. As variacións, nun só día, son infinitas.

A serie de obras que se presenta na galería NÉBOA xorde dunha selección de polaroids de formato minúsculo (6 x 6 cm) que, paradoxalmente, intenta abarcar o inabarcable: a inmensidade do ceo.

Alejandro Rego (A Coruña, 1993) é licenciado en Filosofía pola Universidade de París-Sorbona e ten un Máster en Fotografía na Escola PIC.A-PHotoEspaña de Alcobendas, Madrid. Participou en diversas exposicións individuais e colectivas tanto en España como en Francia.

No 2018 recibiu o premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia na categoría de fotografía pola serie Still Life e o premio Viaxarte do Concello da Coruña pola serie Recuerdos compulsivos; en 2020, o premio Novos Valores, outorgado pola Deputación e o Museo de Belas Artes de Pontevedra. No 2021 publicou a súa primeira obra editorial, o fotozine La fatiga, editado pola editorial Amor de Madre.

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
15 de febrero
Hora:
12:30
Categoría del Evento:

Local

Galería Néboa
Lamas de Prado 31
Lugo, 27004
+ Google Map
Ver la web del Local