16.6 C
Lugo
Vie, 27 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inaguración da mostra de Andrea Davila Rubio

3 de julio - 19:30

Inaguración da mostra de Andrea Davila Rubio

Xoves 3 de xullo ás 19:30

Galería Néboa

Lamas de Prado 31, Lugo

«O xoves 3 de xullo ás 19:30 inauguramos a mostra «a sweaty dispersal into the fog» de @andreadavilarubio comisariada por @lopezblanconuria

Desde unha mirada crítica e situada, o traballo de Andrea Davila Rubio propón unha ruptura coas xerarquías tradicionais entre o humano e o non humano, expoñendo formas de convivencia e coidado nas que o corpo e a súa contorna comparten unha mesma lóxica de transformación mutua.

A través da súa obra, a artista explora como a práctica escultórica pode converterse nunha forma de estar no mundo, e como o corpo é capaz de activar vínculos afectivos e materiais cando se entrelaza con elementos da paisaxe, así coma outros de vida cotiá.

Nos seus traballos, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca e convértese nunha superficie viva que acolle e se deixa afectar.

A súa produción máis recente afonda nesta conexión entre corpo e materia, e propón novas formas de imaxinar a coexistencia interespecie desde o artístico.» Galería Néboa

www.galerianeboa.com

Detalles

Fecha:
3 de julio
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Galería Néboa
Lamas de Prado 31
Lugo, 27004
+ Google Map
Ver la web del Local