Inauguración de la expo «Cuentos del trastero»
Por Rabisco.
Día 5 de Diciembre sobre las 19H en @mesondoforno
Mesón do Forno, casa de artes e comidas dende 1986. Rúa Río Ser, 12, 27004 Lugo
O artista portugués, Rabisco, nacido en Torres Novas e con residencia actual na Galiza, estará presente para presentar a mostra.
“O meu traballo artístico aliméntase da exploración constante de ideas que desafían a vida cotiá, cun toque de ironía baseada nos acontecementos que acostuman a afectarnos, desde a política, o desabafo no amor/desamor, o medioambiente, etc”
En “Cuentos del Trastero” encontramos unha serie de pinturas que conectan coa
instalación nun reflexo do efímero e da intimidade. Xorde da revisión de Rabisco dos
antigos garabatos dos seus cadernos e o sentimento de ter que contar esas historias, á vez
que montaba nun rocho o seu mini atelier.
Só durante a inauguración, o artista ensinará outros proxectos propios, como fanzines
ou o seu primer fotolibro “I’ll be here at least until tomorrow”. Nesta publicación
recollense as súas fotografías analóxicas persoais, así como das súas intervencións de
calle nas que pinta en colchóns abandonados.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte