Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración de “Re-“ do artista lucense Sonne

17 de julio - 19:00

No Mesón do Forno

«O venres día 17 de xullo ás 19h convidámosvos á inauguración de “Re-“ de Sonne. O artista visual de Lugo, tráenos unha serie de collages dixitais nunca antes expostos, sobre os cales explica:

“Re- é unha sorte de retiro, de reestruturación visceral, de acto reflexo ante unha dor tan inabarcábel coma ineludíbel. Atopábame suspendido nun limbo creativo do que non albiscaba saída ou consolo, até que caín. O collage. A reformulación de obras e conceptos alleos entre si. A recuperación e reparación de sentimentos irrecoñecibles. A man no ombreiro de ducias de artistas que prendeu en min a faísca da certeza: non ía deixarme consumir.

Reconstruír. Restaurar. Repetir.

A expresión artística claramente non é unha necesidade vital, excepto cando si o é.”

A exploración desta técnica propiciou a busca de inspiración en creadores como Ismael Eirexas, cuxa máscara de cravos reinterpreta na ilustracíón da segunda fotografía. Isto reflicte unha visión da arte na que os artistas non traballan de forma aillada, se non que se nutren dun proceso común.
Agardámosvos con moita ilusión!» https://www.instagram.com/mesondoforno/

Detalles

  • Fecha: 17 de julio
  • Hora:
    19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Mesón do Forno
  • Rúa Río Ser, 12
    LUGO, Lugo 27004 Spain
    + Google Map