Manifestación 25N Lugo 2024
«Un ano máis, a PLATAFORMA FEMINISTA DE LUGO, está a organizar os actos enmarcados no 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Baixo o lema: MALTRATO INSTITUCIONAL= DOBRE VIOLENCIA PATRIARCAL, convocamos a toda a cidadanía á MANIFESTACIÓN, que terá a súa saída dende a PRAZA HORTA DO SEMINARIO AS 20.00 HORAS DO LUNS 25N, que percorrerá as rúas Obispo Aguirre, fondo Praza Maior, baixada pola rampa da Catedral, e chegada á PRAZA DE SANTA MARÍA, onde teremos todo preparado para a lectura do Manifesto, que este ano, contará coa presencia de DONA PILAR GARCÍA NEGRO, insigne feminista lucense, e recoñecida e premiada escritora e sociolingúista da nosa cidade.
Este ano quixemos poñer o foco nas múltiples violencias que moitas mulleres sofren unha vez que reunen o valor necesario para dar o paso de denunciar ao seu agresor.
Moitas teñen que sofrir en primeira instancia, o mal trato institucional, ben polas propias forzas de seguridade, ben por parte dos letrados ou dos múltiples actores cos que se atopan.
A falta de formación, de sensibilidade, de empatía coa víctima, acaba por facer que ésta desista e se rinda, sentíndose dobremente victimizada e totalmente abandonada á súa sorte, por un sistema incapaz de proporcionarlle un mínimo de axuda ou de xustiza.
Nesta última década, son moitos e abrumadores os casos que nos chegan, con testimonios desgarradores, sobre o trato que reciben as víctimas de violencia de xénero na nosa propia cidade.
É urxente e imprescindible poñer o foco en todas estas actuacións, a fin de que dunha vez por todas se doten aos actores cos que se atopan as mulleres denunciantes, coa debida formación específica a fin de evitar un trauma máis á xa terrible situación coa que se achegan»