- Este evento ha pasado.
Martiño Noriega presenta o seu libro «Os médicos tamén enferman»
Martiño Noriega presenta o seu libro «Os médicos tamén enferman»
Sábado 10 de maio ás 12:30 na libraría Lectocosmos.
Acompañado polo escritor lucense Lois Pérez.
Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora)
O que fora alcalde de Santiago (2015-2019) e de Teo (2007-2015) narra o seu retorno
ao exercicio da medicina tras o abandono da política activa.
O libro, escrito entre os anos 2021 e 2024, relata o sentir do autor no duro contexto da sanidade pública destes anos, mestura da época Post-Covid e de continuos recortes e precarización.
O escritor conxuga así unha reflexión sobre o sistema sanitario actual cun ollar máis
íntimo e persoal sobre o propio oficio, onde a Medicina Familiar supón o reencontro
cos “coidados”, “coa palabra acompañar,” e cun exercicio de escoita atenta que
forma parte tamén do proceso de cura.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo



























